VIII Camiñada Solidaria 2019

“ A proba do noso progreso non é se nos unimos á abundancia de quen ten máis. É se damos o suficiente a aqueles que teñen pouco”  

Franklin D. Roosevelt

O próximo domingo 22 de decembro levaremos a cabo a VIII Camiñada solidaria 2019.

Sairemos desde o palco da música, na Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para percorrer distintas rúas e prazas do casco antigo de Tui, baixaremos o paseo fluvial para despois cruzar a Ponte Internacional e achegarnos ata o interior da muralla de Valença do Minho, desde onde regresaremos de novo a Tui.

Esta Camiñada solidaria, duns 9 quilómetros de distancia, é de carácter moderada e apta para tódalas persoas.

IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

       

              SOLIDARÍZATE !!!

Canón do río Mao

O sábado 23 de novembro volveremos o concello ourensán de Parada de Sil para realizar a ruta do Canón do río Mao (PR-G 177), posiblemente a ruta máis bonita da Ribeira Sacra.

As pasarelas do río Mao permítenos adentrarnos no relevo abrupto do canón que foi excavando o río Mao antes de desembocar no río Sil. Atoparémonos cunha maravillosa paisaxe e vexetación, así como distintos paneis didácticos/explicativos da fauna e flora da Ribeira Sacra.

Neste sendeiro duns 17 quilómetros, con dificultade alta e unha duración aproximada de 7 horas, camiñaremos polas pasarelas de madeira, desde as que gozaremos dunhas vistas do canón e val do río Mao espectaculares. Coñeceremos a ponte medieval de Conceliñas, e visitaremos a capela e necrópole de san Vítor de Barxacova, conxunto arqueolóxico medieval de obrigada visita.

Podedes facervos unha idea da beleza da paisaxe nos seguintes vídeos: pasarelas de madeiracanón e val do río Mao, necrópole de san Vítor de Barxacova (vídeo 1 e vídeo 2), Ribeira Sacra.

Datos a ter en conta:

  • Sairemos en bus desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, ás 07:00 horas e regresaremos sobre ás 20:00 horas.
  • Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
  • É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.
  • Prezo: 10€  a ingresar no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.

Non inscribiremos a ninguén si non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

En caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ecovia do río Vez

O domingo 3 de novembro desplazarémonos ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez.

Camiñaremos sobre 22 quilómetros da Ecovia do río Vez, partindo desde a freguesía de Sistelo (elixida como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e clasificados os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural) ata Arcos de Valdevez.

Nesta ruta, que discorre paralela o río Vez, camiñaremos polas pasarelas de madeira de Sistelo e desfrutaremos dunhas paisaxes espectaculares, como podedes comprobar nos seguintes vídeos:  vídeo 1  e  vídeo 2.

Datos a ter en conta:

  • Sairemos en bus desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, ás 07:30 horas e regresaremos sobre ás 19:00 horas.
  • Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
  • É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.
  • Prezo:  10€   a ingresar no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.

Non inscribiremos a ninguén si non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono:  607 785 601 (Tato).

 

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies