IX Camiñada solidaria 2022

«A solidaridade non é un acto de caridade, senón unha axuda mutua entre forzas que loitan polo mesmo obxectivo”

 Samora Machel

O domingo 18 de decembro realizaremos a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

 

Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense. Ámbolos dous falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.

A visita comezarémola na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 horas.

Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla ciclópea visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.

IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

 

A continuación podedes descargar o seguinte artigo de Mario Fernández Pereiro, doutor en Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, titulado «O recinto fortificado do monte Aloia. Un xigante altomedieval esquecido»

Andaina Solidaria co Pobo Saharauí

O club Andatui, en colaboración coa Asociación galega do pobo saharauí, organiza unha andaina solidaria o mércores 12 de outubro.

A andaina consistirá nun paseo por Tui na que contaremos coa presenza do historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela, que nos falará de distintos aspectos da historia da cidade. Esta andaina solidaria ten como finalidade a recadación de fondos para a axuda ao pobo saharauí.

Datos a ter en conta:

  • Sairemos desde a praza da Inmaculada ás 10:30 h.
  • Percorreremos unha distancia aproximada de 5 quilómetros.
  • O prezo será de 10 euros, facendo un ingreso no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  ou pagando na saída o mesmo día.

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Trilho da Veiga da Mira, andaina por Malvas – Pexegueiro e trilho das Pedras Escritas

Xa temos abertas as inscricións para os tres últimos eventos da Eurocidade Tui – Valença 2022: o trilho da Veiga da Mira, a andaina por Malvas – Pexegueiro e o trilho das Pedras Escritas.

  • O domingo 9 de outubro levaremos a cabo o trilho da Veiga da Mira.

Este trilho, duns 8 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese paisaxístico xa que a ruta discorre nunha meirande parte ao carón do río Miño.

Sairemos desde o parque da Sra. da Cabeça ás 09:00h portuguesas.

  • O sábado 5 de novembro realizaremos a andaina por Malvas e Pexegueiro.

Esta andaina consta duns 9,5 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de caracter paisaxística – cultural dado que pasaremos polo alto de san Nomedio, antigo camiño real, mosteiro benedictino de Pexegueiro, río Furnia e a súa ponte medieval de dous arcos.

Sairemos desde a igrexa de Malvas ás 10:00h galegas.

  • O domingo 4 de decembro faremos o trilho das Pedras Escritas.

Este trilho ten aproximadamente unha lonxitude duns 9 quilómetros, de dificultade baixa, tendo unha duración de tres horas. Evento considerado de caracter paisaxísitico e cultural onde visitaremos os gravados rupestres do lugar de Ozão.

Sairemos desde a igrexa matriz de Taião ás 09:00h portuguesas.

 

IMPORTANTE: cada andaina/trilho estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies