“ A proba do noso progreso non é se nos unimos á abundancia de quen ten máis. É se damos o suficiente a aqueles que teñen pouco”
Franklin D. Roosevelt
O próximo domingo 22 de decembro levaremos a cabo a VIII Camiñada solidaria 2019.
Sairemos desde o palco da música, na Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para percorrer distintas rúas e prazas do casco antigo de Tui, baixaremos o paseo fluvial para despois cruzar a Ponte Internacional e achegarnos ata o interior da muralla de Valença do Minho, desde onde regresaremos de novo a Tui.
Esta Camiñada solidaria, duns 9 quilómetros de distancia, é de carácter moderada e apta para tódalas persoas.
IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.
SOLIDARÍZATE !!!