2015
Andaina Fin de Tempada
Benquerid@s camiñantes:
Coma todólos anos, o clube Andatui Rego da Pedra, organiza unha andaina para o remate, xuntarnos todos ó redor dunha mesa para xantar e contar as experiencias nas nosas andainas.
Este ano a andaina será pola cima do Monte Aloia, cunha distancia aprox. de 8 km. Saíremos o día 13 de decembro ás 10:00 do Interfederado e ás 10:30 na capela de San Xiao (Aloia).
Ó remate da andaina, xantaremos no Restaurante O Robledo de Prado (Gondomar).
As opcións de menú:
a/ Entrantes e churrasco por 18€.
b/ Cocido compreto por 19€.
c/ Entrantes e bacallao por 20€.
d/ Entrantes e cabrito por 23€.
Tódolos menús levan viño ou refresco, pan, postre, café e chupito.
A data límite para poder anotarse para xantar, será o día 10 de decembro.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscrición pechada.
Andaina Rota do Mosteiro de Mosteiró (Portugal)
Benquerid@s camiñantes:
O próximo día 7 de novembro, saíndo ás 8:30 do Centro Interfederado e ás 9:00 da igrexa de Cerdal, organizamos a rota do Mosteiro de Mosteiró.
Un paseo de 11,5 quilómetros de dificultade baixa, visitando dous dos máis importantes mosteiros do norte de Portugal.
Saída ás 9:00 e contamos con voltar ás 13:00 ó punto de saída.
Participa con nós e fai o que máis recomendan os médicos, camiñar.
Pasa unha mañán diferente ó mesmo tempo que fas deporte e coñeces o noso entorno e a beleza dos montes de Portugal.
Podes ver a ruta aquí.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscrición pechada.