Andaina de san Telmo

O sábado 27 de abril realizaremos a segunda andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a Andaina de san Telmo.

Esta andaina ten unha distancia duns 10 quilómetros e unha duración de dúas horas e media aproximadamente, tendo un grado de dificultade baixo e sendo de ámbito cultural e paisaxístico. Pasaremos pola Catedral, igrexa de san Telmo, praza da Estrela e baixaremos ao paseo fluvial para dirixirnos hacia a parroquia de Paramos, volvendo a Tui pola senda do Lagartón e xardíns de Troncoso.

Sairemos ás 10:00 horas españolas desde o palco da música da Corredoira de Tui. A finalización desta andaina celebraremos un sorteo de agasallos entre os participantes.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

 

XVI Andainatudense Solidaria 2019

O sábado 18 de maio realizaremos a XVI Andainatudense Solidaria 2019, solidaridade que vai destinada a recollida de alimentos en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

Xa están abertas as inscricións para que poidas vir celebrar connosco a XVI Andainatudense Solidaria, cita anual e inescusable para subir e gozar da noso monte máxico, o Aloia.

Arriba, no menú desta páxina, podes atopar toda a información desta nova edición da Andainatudense, así como o formulario de inscrición e o listado de participantes.

Por último, animarte a que veñas connosco a coñecer un pouco máis este fermosísimo Parque Natural do monte Aloia …  Esperámoste!!! 

Trilho Sabores da Lampreia

Un ano máis comezamos coas andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019. Inauguramos a tempada co trilho Sabores da Lampreia, será o sábado 16 de marzo na freguesia de são Pedro da Torre, en Valença do Minho.

Este trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos, sendo a súa dificultade baixa. É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde gozararemos dunhas fermosas vistas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

ATENCIÓN, cambiamos de banco. (A sucursal do banco Sabadell en Tui está fronte ó hotel Colón)

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

O punto de saída será desde a igrexa de são Pedro da Torre, ás 09:00 horas portuguesas.

Na finalización deste trilho realizaremos un sorteo dunha comida ou cea para dúas persoas, ademáis doutros agasallos.

Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies