«Nadie que haya aliviado el peso de sus semejantes habrá fracasado en este mundo»
Charles Dickens
O domingo 23 de decembro realizaremos a VII Camiñada solidaria 2018. Sairemos desde o palco da música, na Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para recorrer as rúas de Tui e achegarnos ata a veciña Valença do Minho para retornar de novo a Tui.
A Camiñada solidaria, de 7/8 quilómetros de distancia, é de caracter moderado e apta para tódalas persoas. Ruta en Wikiloc
IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.
O sábado 10 de novembro achegarémonos ata o concello ourensán de Parada de Sil para realizar a ruta do Canón do ríoMao (PR-G 177), posiblemente a ruta máis bonita da Ribeira Sacra.
As pasarelas do río Mao permítenos adentrarnos no relevo abrupto do canón que foi excavando o río Mao antes de desembocar no río Sil. Nesta ruta atoparémonos cunha maravillosa paisaxe e vexetación, así como distintos paneis didácticos/explicativos da fauna e flora da Ribeira Sacra.
Este sendeiro duns 17 quilómetros, con dificultade alta e unha duración aproximada de 7 horas, comezarémolo na Fábrica da Luz (antiga central hidroeléctrica) onde inmediatamente atoparemos as pasarelas de madeira, desde as que gozaremos dunhas vistas do canón e val do río Mao espectaculares. Chegados a desembocadura do río Mao e a aldea de Barxacova, comezará o ascenso a san Lourenzo de Barxacova para logo seguir ata a aldea de Forcas, despois atoparémonos de novo co río Mao e a ponte medieval de Conceliñas, punto de inflexión da ruta, onde colleremos camiño hacia a capela e necrópole de san Vítor de Barxacova, conxunto arqueolóxico medieval de obrigada visita. A partir de aquí emprenderemos o tramo final ata a Fábrica da Luz.
MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.
Non inscribiremos a ninguénsi non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
O sábado 20 de outubro realizaremos a travesía desde a Peneda ata Sistelo. Sairemos desde o santuario da Peneda para finalizar en Sistelo, todo dentro do Parque Nacional Peneda – Gerês en Portugal.
Sistelo, freguesía de Arcos de Valdevez, foi elixida en setembro de 2017 como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e en decembro o Goberno de Portugal aprobou un decreto que clasifica os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural.
A travesía consta duns 22 quilómetros onde estimamos un tempo de 7 horas en realizala, o seu grado de dificultade é alto polo que rogamos absterse de inscribirse a persoas pouco acostumadas a camiñar por montaña, xa que é unha travesía dura.
Esta travesía, aínda sendo dura, ten unha beleza espectacular. Partiremos desde o santuario da Peneda, na freguesía de Gavieira, para ascender ata a lagoa da Chã do Monte, logo seguiremos ata são Bento do Cando, branda das Bosgalinhas, branda do Real, branda do Furado, e xa case no final atoparémonos con dúas poboacións, Porta Cova e Padrão, que é moi dificil describir con palabras a súa beleza paisaxística. Finalmente descenderemos ata a antiga aldea medieval de Sistelo.
MOI IMPORTANTE: o número de prazas dispoñibles é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.
Non inscribiremos a ninguénsi non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunhadúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS
Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR