Cada día son máis as persoas da nosa contorna que adican o seu tempo libre a camiñar, non sólo como opción deportiva senón tamén para gozar da natureza e compartir o tempo con outras persoas.
Partindo desta idea, o club deportivo Andatui Regodapedra xurde no ano 2012 na cidade de Tui como iniciativa para xuntar a tódolas persoas afeccionadas a camiñar.
Como club tentaremos organizar eventos e participar noutros organizados na zona.
Se queres participar nalgúnha actividade do club, ou recibir información de futuros eventos, contacta connosco no seguinte enderezo electrónico clubandatui@gmail.com