O domingo 20 de outubro realizaremos a última das andainas saudables contempladas no calendario da Eurocidade Tui – Valença 2019, será o trilho de Taião.
Este trilho ten unha lonxitude duns 12 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade baixa. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
O punto de saida será desde a igrexa de Taião, ás 09:00 horas portuguesas.
O finalizar este trilho realizaremos un sorteo de distintos agasallos.
Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
Os días 21,22, 28 e 29 de setembro realizaremos o Camiño Portugués a Santiago, evento incluido dentro do calendario das andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019.
O Camiño Portugués farémolo dividido nas seguintes etapas:
1ª Etapa, sábado 21 de setembro: comezo do Camiño desde a antiga alfándega de Valença do Minho ata o alto do Viso, en Redondela (35 quilómetros). A hora de saída será ás 07:00 horas españolas. Un bus recolleranos en Redondela para traernos de volta a antiga alfándega de Valença do Minho.
2ª Etapa, domingo 22 de setembro: alto do Viso ata Caldas de Reis (34 quilómetros). Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho, (situada ao lado do recinto onde se celebra a feira dos mércores), para trasladarnos ata Redondela. Ao remate da etapa, en Caldas de Reis, un bus traeranos de novo a estación de autobuses de Valença do Minho.
3ª Etapa, sábado 28 de setembro: Caldas de Reis ata Rois (35 quilómetros). Sairemos ás 06:30 horas españolas desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, para trasladarnos ata Caldas de Reis. Ao remate da etapa, en Rois, un bus traeranos de volta o punto de partida.
4ª Etapa, domingo 29 de setembro: Rois ata Santiago de Compostela (14 quilómetros). O horario e o punto de saída determinarémolo o sábado 28 entre todos.
IMPORTANTE:
⇒ Os participantes teñen que levar de comer e beber.
⇒ A organización levará un coche de apoio.
⇒ Máximo 50 prazas.
⇒ O prezo será de 30 euros por persoa. O prezo inclue auga nas saídas das etapas, froita na metade das etapas e a credencial do Camiño de Santiago para selar.
¿Como inscribirse?
Para facer o Camiño Portugués tedes que enviar un correo, co voso nome e apelidos, ao seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com para reservar praza. Tras recibir a vosa solicitude enviaremos un correo cun número de conta para facer o pagamento de 30 euros por persoa. As 50 prazas reservaranse por orde rigorosa de pagamento.
⇒ O prazo para anotarse rematará o domingo 15 de setembro, ás 14 horas.
Por último, lembrarvos que si tedes algunha dúbida podedes chamar ós teléfonos 00351916 531 313 (PT) ou 607 785 601 (ES)
O sábado 3 de agosto faremos a sexta andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a V Ruta histórica de Tui.
Esta andaina, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados por un historiador coñeceremos distintos aspectos da historia tudense. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cun sorteo de diversos agasallos.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
Recordamos que si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓNS FINALIZADAS
Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR