
Xa temos abertas as inscricións para os tres últimos eventos da Eurocidade Tui – Valença 2023: o trilho do Portal do Crasto, a andaina desde a Macoca a san Fins e o trilho de são Gabriel.
- O domingo 24 de setembro levaremos a cabo o trilho do Portal do Crasto.
Este trilho, duns 9 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese artístico – cultural onde visitaremos o portal barroco da Quinta do Crasto, único elemento que queda da antiga finca pertencente a familia Pimenta de Castro.
Saímos desde o portal do Crasto ás 09:00h (PT). Este trilho será GRATUITO.
- O domingo 8 de outubro realizaremos a andaina desde a Macoca a capela de san Fins.
Esta andaina consta duns 10 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade medio. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter paisaxística e cultural.
Saímos desde a Macoca ás 10:00h (ES).
- O domingo 26 de novembro faremos o trilho de são Gabriel.
Este trilho ten aproximadamente unha lonxitude duns 9 quilómetros, de dificultade baixa, tendo unha duración de tres horas. Evento tamén considerado de carácter paisaxísitico e cultural.
Saímos desde a igrexa de são Gabriel ás 09:00h (PT).
IMPORTANTE: o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa (salvo o trilho do Portal do Crasto que será gratuito), polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
FORMULARIO de INSCRICIÖNS