Histórica de Tui e da Pedra Santa

Xa están abertas  as inscricións para dúas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2022, a andaina Histórica de Tui e a andaina da Pedra Santa.

  • O sábado 6 de agosto levaremos a cabo a VI Ruta Histórica de Tui.

Esta ruta, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados polo historiador José Ramón coñeceremos distintos aspectos da historia tudense de finais de 1600. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cunha queimada feita polo bruxo  Xabrel.

Sairemos ás 21:00 horas desde a praza da Inmaculada.

  • O domingo 4 de setembro realizaremos a andaina da Pedra Santa.

Esta andaina da Pedra Santa está considerada como unha ruta pequena xa que consta duns 9 quilómetros, estimando un tempo de tres horas para recorrela e tendo un grado de dificultade baixo. É unha andaina de carácter paisaxístico, onde falaremos da ponte do río Louro, dos muiños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada.

 

IMPORTANTE: cada andaina estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS

Balcóns do Aloia e Ínsua do Crasto

Abrimos as inscricións para dúas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2022, a andaina Balcóns do Aloia e o trilho Ínsua do Crasto.

  • O domingo 5 de xuño realizaremos a andaina Balcóns do Aloia.

Esta andaina, duns 8 quilómetros de percorrido, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dunha andaina  cun marcado interese paisaxístico xa que pasaremos por varios miradores do Aloia desde os que poderemos contemplar tres vales: o val Miñor, o val do Miño e o val do Louro.

Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a capela de san Xiao, no monte Aloia.

  • O domingo 3 de xullo levaremos a cabo o trilho Ínsua do Crasto.

Este trilho de aproximadamente 8 quilómetros, de dificultade baixa e dunhas dúas horas e media de duración, é de carácter paisaxístico – cultural. 

Sairemos desde a igrexa matriz de Friestas ás 09:00 horas portuguesas.

IMPORTANTE: cada andaina/trilho estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Camiño Portugués da Costa

Os días 21 28 de maio, 18 de xuño,  2 e 9 de xullo realizaremos o Camiño Portugués da Costa, evento incluido dentro do calendario das andainas da Eurocidade Tui – Valença 2022.

O Camiño Portugués da Costa farémolo dividido en 5 etapas:

  1ª etapa, sábado 21 de maio: Sé de Porto ata Vila do Conde (27 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 06:30h (PT)

  2ª Etapa, sábado 28 de maio: Vila do Conde ata Marinhas (28 km). Saímos da estación de buses de Valença ás 06:30h (PT)

  3ª Etapa, sábado 18 de xuño: Marinhas ata Viana do Castelo (26 km). Saímos da estacion de buses de Valença ás 06:30h (PT)

  4ª Etapa, sábado 2 de xullo: Viana do Castelo ata Caminha (27 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 07:00h (PT)

   5ª Etapa, sábado 9 de xullo: Caminha ata Tui (25 km). Saímos desde a estación de tren de Valença ás 07:00h (PT)

O prezo é de 12 euros por etapa e persoa, onde se inclue o transporte, seguro, auga e fruta. Debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

IMPORTANTE: evento limitado a 50 prazas por etapa.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 

INSCRICIÓN FINALIZADA

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies