
O domingo 4 de xuño realizaremos a terceira das andainas da Eurocidade Tui – Valença 2023, será a andaina Paso das augas de Ribadelouro.
Esta andaina ten unha lonxitude duns 10 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade baixa. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural. Ao longo desta ruta falaremos da primeira igrexa da Magdalena e do camiño dos mortos, onde os veciños de Ribadelouro enfrontáronse cos soldados franceses.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
O punto de saida será desde a igrexa de santa Comba de Ribadelouro, ás 10:00 horas galegas.
IMPORTANTE: o prazo límite para inscribirse remata o xoves 1 de xuño.
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓNS FINALIZADAS