O domingo 28 de maio realizaremos a segunda das andainas contempladas no calendario da Eurocidade Tui – Valença 2023, será o trilho de Mosteiro de Sanfins.
Este trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade moderada. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
O punto de saida será desde o estacionamento do Mosteiro de Sanfins, ás 09:00 horas portuguesas.
IMPORTANTE: o prazo límite para inscribirse remata o xoves 25 de maio.
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓNS FINALIZADAS