Histórica de Tui e da Pedra Santa

Xa están abertas  as inscricións para dúas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2022, a andaina Histórica de Tui e a andaina da Pedra Santa.

  • O sábado 6 de agosto levaremos a cabo a VI Ruta Histórica de Tui.

Esta ruta, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados polo historiador José Ramón coñeceremos distintos aspectos da historia tudense de finais de 1600. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cunha queimada feita polo bruxo  Xabrel.

Sairemos ás 21:00 horas desde a praza da Inmaculada.

  • O domingo 4 de setembro realizaremos a andaina da Pedra Santa.

Esta andaina da Pedra Santa está considerada como unha ruta pequena xa que consta duns 9 quilómetros, estimando un tempo de tres horas para recorrela e tendo un grado de dificultade baixo. É unha andaina de carácter paisaxístico, onde falaremos da ponte do río Louro, dos muiños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada.

 

IMPORTANTE: cada andaina estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies