Caminhada Sunset e Andaina Histórica de Tui

Xa temos abertas as inscricións para os seguintes eventos da Eurocidade Tui – Valença 2023: a Caminhada Sunset e a andaina Histórica de Tui.

  • O sábado 29 de xullo levaremos a cabo a Caminhada Sunset.

Esta caminhada, duns 9 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas tres horas  e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese paisaxístico.

Saíremos desde a igrexa da Nossa Senhora de Mosteiró ás 19:00h portuguesas.

  • O sábado 5 de agosto realizaremos a andaina Histórica de Tui.

Esta andaina consta duns 3 quilómetros e consideramos unha duración de dúas horas, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter histórico e cultural dado que guiados polo historiador Suso Vila percorreremos algunhas das antigas entradas ao casco antigo de Tui.

Saírmos desde a praza da Inmaculada ás 20:30h galegas.

Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca, unha queimada feita polo druída Xabrel e o tradicional sorteo de agasallos.

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÖNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies