O sábado 7 de abril realizaremos a segunda andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018, desta volta será a Andaina de san Telmo, cunha distancia de 8 quilómetros e unha duración de dúas horas e media aproximadamente, tendo un grado de dificultade baixo e sendo esta andaina de ámbito cultural e paisaxístico.
Esta andaina será gratuita, xa que se encadra dentro da campaña de prevención de malos tratos na infancia, promovida pola Comisión de Protección de Crianzas e Mozos de Valença do Minho e o concello de Tui. Aínda así será necesario facer a inscrición nesta mesma páxina.
A saída terá lugar ás 10:00 horas españolas desde o palco da música da Corredoira de Tui. A finalización desta andaina celebrarase un sorteo dun agasallo entre os participantes.
♦♦ Importante ♦♦
Dado que esta andaina enmárcase dentro da campaña de prevención de malos tratos na infancia, rogamos a tódolos participantes que acudan a esta andaina cunha prenda de cor azul.
Non dubides en participar, a causa meréceo!!
INSCRICIÓN FINALIZADA