Comezan as andainas da Eurocidade Tui – Valença 2018. A primeira a percorrer será o trilho Sabores da Lampreia, o próximo domingo 18 de marzo, na Freguesia de são Pedro da Torre en Valença do Minho.
Estre trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos, sendo a súa dificultade baixa. É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde gozarás dunhas fermosas vistas.
O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos, na seguinte conta do Banco Popular: ES51 0238 8307 70 0600236806
O punto de partida será desde a igrexa de são Pedro da Torre, ás 09:00 horas portuguesas.
Entre os participantes deste trilho dos Sabores da Lampreia sortearase unha comida ou cea, por un importe de 40€, no restaurante O vello cabalo furado de Tui.
Si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com