Un ano máis, e xa van 15, volvemos celebrar a nosa Andainatudense Solidaria, nesta edición a solidaridade adicarémola en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.
Xa temos abertas as inscricións para que poidas vir celebrar connosco a XV Andainatudense Solidaria, cita anual e inescusable para subir e desfrutar da nosa montaña máxica, o monte Aloia.
Arriba, no menú desta páxina, podes atopar toda a información desta nova edición da Andainatudense, así como o formulario de inscrición e o listado de participantes. Agradecemos que sigas con atención os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos así o traballo administrativo deste evento.
Por último, animarte a que veñas connosco a coñecer un pouco máis este fermosísimo parque natural do monte Aloia … Esperámoste!!!