XX Andainatudense Solidaria 2024

sábado 4 de maio o club Andatui celebrará a XX Andainatudense Solidaria 2024.

Sairemos ás 09:00 horas desde o Centro Interfederado de Remo, na rúa Olímpicos Tudenses, para coller camiño hacia as parroquias de Areas e Pexegueiro. Alí tomaremos a senda do río Furnia ata Malvas para logo chegar a cima do monte Aloia, onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Despois baixaremos polo rego de pedra enlazando co regato de Rebordáns para regresar de novo ao Centro Interfederado de Remo, onde finalizará a XX Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 24 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. Ao remate da Andainatudense teremos chourizada, a tradicional carreira de aros e un sorteo de agasallos.

A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitaremos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 08:00 e as 09:00 horas no Centro Interfederado de Remo.
  • A saída será ás 09:00 horas.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:30 horas. Haberá duchas para quen o desexe.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avituallamentos)
  • As inscricións finalizarán o martes 30 de abril ás 23:59 horas. 

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos a labor administrativa:

           1º  Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do/s participante/s.

Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717 

(Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte:  BSABESBB)

          2º  Envia o xustificante de pago a clubandatui@gmail.com especificando o nome e apelidos do/s participante/s.

          3º  Inscríbete no formulario.

Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do/s participante/s.

Por últimoen caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies