Trilho da Fortaleza e andaina do río Furnia

Xa temos abertas as inscricións para os seguintes eventos da Eurocidade Tui – Valença 2024: o trilho da Fortaleza e a andaina do río Furnia.

  • O domingo 26 de maio levaremos a cabo o trilho da Fortaleza.  «Caminhada a favor da Liga Contra o Cancro «

Esta camiñada, duns 5 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas  e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese histórico/cultural.

Saíremos desde a porta do Sol ás 09:00h portuguesas.

  • O domingo 9 de xuño realizaremos a andaina do río Furnia.

Esta andaina consta duns 10 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas aproximadamente, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter paisaxístico.

Saíremos desde a igrexa de Malvas ás 10:00h galegas.

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies