Xa están abertas as inscricións para a terceira andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018. Será o trilho da Fortaleza o que nos leve, o próximo domingo 6 de maio, a percorrer as murallas de Valença do Minho.
O trilho da Fortaleza ten unha lonxitude duns 6 quilómetros, sendo a súa duración aproximada de dúas horas. Este percorrido, ademais de ser dunha dificultade baixa, ten un carácter eminentemente paisaxístico, cultural e histórico.
O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos, na seguinte conta do Banco Popular: ES51 0238 8307 70 0600236806
O lugar da saída será desde a porta do Sol da Fortaleza, ás 09:00h portuguesas.
Entre os asistentes a este trilho da Fortaleza sortearase unha comida ou cea na Tapería La de Manu, en Tui.
Como sempre, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓN FINALIZADA