O domingo 28 de maio realizaremos a segunda das andainas contempladas no calendario da Eurocidade Tui – Valença 2023, será o trilho de Mosteiro de Sanfins.
Este trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade moderada. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
O sábado 13 de maio o club Andatui celebrará a XIX Andainatudense Solidaria 2023.
Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia as Bornetas, Randufe e o miradoiro do Alto do Coello (fotos), para logo chegar a cima do monte Aloia onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde baixaremos por Pazos de Reis para regresar de novo a praza da Inmaculada, onde finalizará a XIX Andainatudense Solidaria.
En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos un sorteo de agasallos.
A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitaremos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.
Datos de interese:
Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avituallamentos)
As inscricións finalizarán o mércores 10 de maioás 23:59 horas.
POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos a labor administrativa:
1º Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do/s participante/s.
Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
(Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte: BSABESBB)
2º Envia o xustificante de pago a clubandatui@gmail.com especificando o nome e apelidos do/s participante/s.
3º Inscríbete no formulario.
Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do/s participante/s.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
Comezamos coas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2023. Inauguramos esta tempada coa Andaina de san Telmo, realizarémola o domingo 16 de abril en Tui.
Esta andaina conta cunha distancia duns 8 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas e media, cun grado de dificultade baixo e sendo de interese cultural e paisaxístico. Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a praza da Inmaculada para recorrer distintas rúas da zona monumental de Tui, finalizando na praza da Inmaculada onde desfrutaremos duns soborosos petiscos.
O prezo é de 6 euros por persoa, polo que debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
IMPORTANTE: o prazo límite para inscribirse será o xoves 13 de abril
En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓNS FINALIZADAS
Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR