XIX Andainatudense Solidaria 2023

sábado 13 de maio o club Andatui celebrará a XIX Andainatudense Solidaria 2023.

Sairemos ás 10:00 horas desde a praza da Inmaculada para recorrer varias rúas de Tui antes de tomar rumbo hacia as Bornetas, Randufe e o miradoiro do Alto do Coello (fotos), para logo chegar a cima do monte Aloia onde xantaremos arredor da capela de san Xiao. Pola tarde baixaremos por Pazos de Reis para regresar de novo a praza da Inmaculada, onde finalizará a XIX Andainatudense Solidaria.

En total percorreremos sobre 23 quilómetros, tendo avituallamentos intermedios. No remate da Andainatudense faremos un sorteo de agasallos.

A acción solidaria irá destinada a SOS Tomiño Baixo Miño, polo que na recollida do dorsal solicitaremos entregar 1 quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros.

Datos de interese:

  • Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas na praza da Inmaculada.
  • Xantar: a partir das 14:00 horas arredor da capela de san Xiao.
  • Remate da andaina: aproximadamente ás 18:00 horas.
  • Prezo: 12 euros (inclúe seguro, camiseta conmemorativa, xantar e avituallamentos)
  • As inscricións finalizarán o mércores 10 de maio ás 23:59 horas. 

POR FAVOR, sigue os nosos consellos para inscribirte correctamente e facilitarnos a labor administrativa:

           1º  Aboa no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do/s participante/s.

Banco Sabadell, con IBAN: ES85 0081 2276 4700 0113 6717 

(Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte:  BSABESBB)

          2º  Envia o xustificante de pago a clubandatui@gmail.com especificando o nome e apelidos do/s participante/s.

          3º  Inscríbete no formulario.

Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do/s participante/s.

Por últimoen caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies