X Camiñada Solidaria 2023

«O importante non é manterse vivo, senón manterse humano»

George Orwel

O domingo 12 de novembro realizaremos a X Camiñada Solidaria 2023 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

Este ano a Camiñada Solidaria realizarémola facendo unha visita ás inmediacións das covas da Trapa, situadas na ladeira do monte Aloia, na parroquia de Ribadelouro. Na visita contaremos con varios espeleólogos do Clube Espeleolóxico Maúxo que nos falarán de distintos aspectos do sistema de covas da Trapa. As covas formáronse hai millóns de anos e nos 240 metros liñais de río soterrado, o espazo das covas da Trapa ten un desenvolvemento horizontal de máis de 1800 metros. Dimensión solo superada por dúas covas graníticas no mundo; o sistema de cavidades TSOD, New York, USA, con 3950 m e a Bodagrottorna, en Iggesund, Suecia, con 2610 m.

A visita comezarémola no aparcadoiro do campo de futbol de Ribadelouro, ás 09:00 horas.

Esta camiñada de percorrido fácil, duns 6 quilómetros, terá unha duración aproximada de tres horas e media.

IMPORTANTE, para participar solo teis que inscribirte no formulario de inscricións e aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. Alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono:  607 785 601 (Tato)

É moi importante sinalar que en ningún momento accederemos ao interior das covas da Trapa, simplemente achegarémonos ata as inmediacións. O acceso as covas só é recomendado a espeleólogos expertos.

A continuación teis máis información, publicada polo Clube Espeleolóxico Maúxo, sobre o sistema de covas: artigo 1, artigo 2 e artigo 3. Tamén podes consultar O xacemento das covas da Trapa (Monte Aloia, Galicia) como exemplo de continuidade de ocupación durante o Neolítico final e a Idade do Bronce no NW da Península Ibérica, artigo publicado en Cuadernos de Estudios Gallegos, revista científica publicada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). A maiores podes consultar o artigo “Patrimonio Natural e Cultural das Covas da Trapa, RIbadelouro, Tui” publicado no número 7 da revista do Instituto de Estudios Tudenses, “Castellum Tyde”.

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies