O sábado 8 de agosto o club Andatui realizará a VI Ruta histórica de Tui guiada por un historiador tudense.
Esta andaina, onde recorreremos unha distancia aproximada de 4 quilómetros, ten un carácter principalmente cultural e histórico xa que coñeceremos distintos aspectos da historia tudense, centrándonos este ano na antiga muralla de Tui. Remataremos a ruta na Alameda de san Domingos para degustar unha queimada do mestre Gabi e unha chocolatada para os máis cativos, finalizando cun sorteo de diversos agasallos.
O punto de partida será desde a praza da Inmaculada de Tui ás 21:00 horas.
IMPORTANTE: dada a situación sanitaria actual este evento estará limitado a 40 persoas.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, 4 euros para os de 14 anos ou menos, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
Cerraremos as inscricións o xoves 6 de agosto ou cando se esgoten as prazas. En caso dalgunha dúbida podes chamar ao teléfono 607 785 601 (Tato)
INSCRICIÓNS FINALIZADAS. PRAZAS ESGOTADAS