O sábado 13 de novembro volveremos ao Parque Nacional Peneda – Gerês, nesta ocasíon a Castro Laboreiro para facer unha ruta entre brandas e inverneiras.
“Em Castro Laboreiro, todo o proprietário, por muito diminuto que seja o seu património, tem, como qualquer lord inglez, duas habitações – uma de verão e outra de inverno». Isto escribia Alfredo Campos, escritor, sobre o modo de vida transhumante dos pastores na segunda metade do século XIX.
A transhumancia en Castro Laboreiro implicaba que os pastores habitaran a maior parte do ano nas brandas, situadas nas partes altas da montaña, e nas épocas máis duras baixaran a vivir nas inverneiras, situadas na parte baixa e máis resgardadas do frío e da neve.
Esta ruta, duns 20 quilómetros aproximadamente, comezarémola en Castro Laboreiro visitando os restos do Castelo – Fortaleza, situado a 1.033 m de altura. Tras esta visita iremos ver os muíños do río Laboreiro, para despois coller camiño as brandas do Pradosouro e a da Seara, e as inverneiras de Varziela, Cainheiras, Assureira e Barreiro. Tamén visitaremos a capela da senhora de Anamão, ao carón da Pena de Anamão (lugar onde se agochaba o famoso bandoleiro Tomás das Quingostas) . Cruzaremos por varias pontes medievais como as de Varziela, Cava da Velha ou a da Assureira. Baixaremos polo Bico do Patelo (formación pétrea onde poderemos «imaxinar a un pato ou a unha aguia» divisando o val) e, xa no tramo final, subiremos pola carballeira de Barreiro e pola lagoa de Gontamil para rematar en Castro Laboreiro onde veremos a igrexa de santa María da Visitação e o Pelourinho, lugar onde amarraban e expuñan aos que non cumprían a lei.
Nas reportaxes Inverneiras e Brandas, Mudança na Paisagem e Paisagem de Castro Laboreiro podedes coñecer un pouco máis como era a vida dos pastores transhumantes de Castro Laboreiro.
(Si clicades nas palabras en cor verde podedes ver vídeos e información diversa)
Datos a ter en conta:
- Sairemos en bus desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, ás 07:00 horas e regresaremos sobre ás 19:30 horas.
- Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
- É preciso facer inscrición, máximo 40 prazas.
- Prezo: 10€ a ingresar no Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
MOI IMPORTANTE: o número máximo de prazas é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.
Non inscribiremos a ninguén si non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
En caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS