
O sábado 3 de agosto faremos a sexta andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019, será a V Ruta histórica de Tui.
Esta andaina, onde recorreremos unha distancia aproximada de 5/6 quilómetros, ten un carácter eminentemente cultural e histórico xa que guiados por un historiador coñeceremos distintos aspectos da historia tudense. Remataremos na Alameda de san Domingos para degustar unha chocolatada con rosca e finalizando cun sorteo de diversos agasallos.
O punto de partida será desde o palco da música da Corredoira de Tui ás 22:00 horas españolas.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
Recordamos que si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓNS FINALIZADAS