Os días 21, 22, 28 e 29 de setembro realizaremos o Camiño Portugués a Santiago, evento incluido dentro do calendario das andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019.
O Camiño Portugués farémolo dividido nas seguintes etapas:
1ª Etapa, sábado 21 de setembro: comezo do Camiño desde a antiga alfándega de Valença do Minho ata o alto do Viso, en Redondela (35 quilómetros). A hora de saída será ás 07:00 horas españolas. Un bus recolleranos en Redondela para traernos de volta a antiga alfándega de Valença do Minho.
2ª Etapa, domingo 22 de setembro: alto do Viso ata Caldas de Reis (34 quilómetros). Sairemos ás 07:00 horas españolas desde a estación de autobuses de Valença do Minho, (situada ao lado do recinto onde se celebra a feira dos mércores), para trasladarnos ata Redondela. Ao remate da etapa, en Caldas de Reis, un bus traeranos de novo a estación de autobuses de Valença do Minho.
3ª Etapa, sábado 28 de setembro: Caldas de Reis ata Rois (35 quilómetros). Sairemos ás 06:30 horas españolas desde a rúa Ourense de Tui, ao carón do aparcamento da Área Panorámica, para trasladarnos ata Caldas de Reis. Ao remate da etapa, en Rois, un bus traeranos de volta o punto de partida.
4ª Etapa, domingo 29 de setembro: Rois ata Santiago de Compostela (14 quilómetros). O horario e o punto de saída determinarémolo o sábado 28 entre todos.
IMPORTANTE:
⇒ Os participantes teñen que levar de comer e beber.
⇒ A organización levará un coche de apoio.
⇒ Máximo 50 prazas.
⇒ O prezo será de 30 euros por persoa. O prezo inclue auga nas saídas das etapas, froita na metade das etapas e a credencial do Camiño de Santiago para selar.
¿Como inscribirse?
Para facer o Camiño Portugués tedes que enviar un correo, co voso nome e apelidos, ao seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com para reservar praza. Tras recibir a vosa solicitude enviaremos un correo cun número de conta para facer o pagamento de 30 euros por persoa. As 50 prazas reservaranse por orde rigorosa de pagamento.
⇒ O prazo para anotarse rematará o domingo 15 de setembro, ás 14 horas.
Por último, lembrarvos que si tedes algunha dúbida podedes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT) ou 607 785 601 (ES)