O domingo 20 de outubro realizaremos a última das andainas saudables contempladas no calendario da Eurocidade Tui – Valença 2019, será o trilho de Taião.
Este trilho ten unha lonxitude duns 12 quilómetros e unha duración aproximada de 3 horas, sendo a súa dificultade baixa. Está considerada unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
O punto de saida será desde a igrexa de Taião, ás 09:00 horas portuguesas.
O finalizar este trilho realizaremos un sorteo de distintos agasallos.
Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓNS FINALIZADAS