O sábado 28 de xullo celebraremos a cuarta andaina saudable da Eurocidade Tui – Valença 2018, será a Nocturna desde o Aloia ata o Faro, onde uniremos camiñando os dous montes máis importantes da Eurocidade.
A distancia a percorrer é de aproximadamente uns 19,5 quilómetros, estimando un tempo aproximado de 6 horas.
O punto de saída será desde o aparcamento do monte Faro, ás 23:30 horas españolas, onde deixaremos os coches e seremos trasladados en bus ata o monte Aloia. Polo que rogamos estar media hora antes, sobre ás 23:00 h, no monte Faro.
No remate do trilho, e xa coas primeiras luces do día, teremos chocolatada e rosca. Como colofón sortearemos dúas comidas, ou dúas ceas, e dúas botellas de viño. Aconsellamos levar calzado axeitado, bastóns e lanterna.
IMPORTANTE: máximo 100 participantes, no momento de completar as 100 prazas pecharemos as inscricións.
O prezo para poder participar é de 5€ por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos, na seguinte conta do Banco Popular: ES51 0238 8307 70 0600236806
Xa sabes, si teis algunha dúbida podes chamar o teléfono +351 934 440 770 ou escribindo o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓNS FINALIZADAS