Sendeiro histórico de Mos

O día 25 de Outubro faremos o Sendeiro Histórico de Mos PR-G67, onde poderemos ollar Muíños e Peñascos e ó lonxe, o Val da Louriña, a ría de Vigo, o Galiñeiro, o vixiador e o monte Aloia.

Saíremos para os que se queiran unir en Tui, dende o Interferado ás 8:30 da mañá para comezar a andar ás 9. Para os que nos queiran acompañar e non queiran vir a Tui, desde ás 8:50 na igrexa de Santa Eulalia fronte o Pazo dos Marqueses de Mos.

Recordade que estamos en outono, as cores son espectaculares pero tamén hai choiva e humidade, así que levar calzado e roupa para cambiarse ó remate.

Para participar, apúntate aquí.

Últimas Andainas 2014

O clube Andatui quere agradecer a vosa fidelidade e recordarvos que próximamente faremos as seguintes Andainas:

 

25/10/2014.

Parte do sendeiro PRG 67 Histórico de Mos cunha distancia de 17,8 km. pero só faremos 12 deles para que en 4 horas poidamos voltar.
Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán para voltar aproximadamente ás 13:30.

 

16/11/2014

Sendeiro PRG 132. Os montes de San Cibrán. Distancia de 12 km.
Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán para voltar aproximadamente ás 13:30.

 

13/12/2014
Sendeiro Pozas de Mougás. Saíremos dende o Interferado ás 08:30 da mañán. Na volta quedaremos a comer na zona. Máis información próximamente.

 

28/12/2014

A nosa andaina solidaria que o motivos desta é recaudar alimentos para os máis necesitados. Será circular Tui-Valença-Tui. Máis información próximamente.

 

Saúdos.

Próximas Andainas 2014

Benqueridos Camiñantes

Para rematar o ano, faremos 4 andainas nestes derradeiros meses. Deixámosvos as datas:

– 25 de Outubro  – Histórico de Mos

– 16 de Novembro – Monte de San Cibrán

– 13 de Decembro – Poza de Mougás

– 28 de Decembro – Andaina Solidaria en Tui-Valença.

Darémosvos máis detalles nos próximos días.

Un saúdo.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies