Andatui
Sendeiro Pozas de Mougás
Benquerid@s camiñantes:
O sábado, día 13, percorreremos o sendeiro cos fermosos paraxes e Pozas de Mougás no concello de Oia, cunha distancia de 10 km.
Sairemos do Interfederado ás 8:30 para comezar ás 9:00. Os que non queirades vir ata Tui, ás 08:50 dende o picadeiro de Mougás.
Ó remate, tódolos que queiran,na Casa Paco en Torroña, degustaremos unha comida cun prezo de 20€/persoa. O menú consta de:
-Entrantes.
-Cordeiro ou cocido.
-Postre e café con chupitos.
Este ano repetimos restaurante por petición dos que foron o ano pasado.
Debes anotarte e contestar a pregunta do formulario para reservar a comida antes do día 9 de decembro.
Para participar, apúntate aquí.
Sendeiro PR-G 132. Os montes de San Cibrán.
Benquerid@s camiñantes:
O domingo día 16 faremos parte do sendeiro PR-G 132 dos montes de San Cibrán e do monte Faro, sobre unha distancia de 12 km.
Sairemos do Interfederado ás 8:30 para comezar ás 9:00. Os que non queirades vir ata Tui, ás 8:50 no Alto do Confurco (vindo de Vigo ou Tui, na saída N-120 de Cans).
Ó comezo veremos os muíños do Regato do Couso coas súas fervenzas e o desnivel é salvado por escadas e pasarelas. Despois iremos cara o monte de San Cibrán onde as vistas de Ponteareas e os montes do arredor son espectaculares. Continuaremos cara o Monte Faro, para seguir con vistas do Val do Louriña. Pasaremos pola pedra do Pianista para voltar ó punto de saída.
A ruta é doada, pero en vista dos desniveis, a nosa opinión é de moderada-alta.
Os nosos cálculos son de rematar antes das 13:00, pasando unha mañán percorrendo os límites de 3 concellos (Porriño, Ponteareas e Salceda).
Para participar, apúntate aquí.