Querid@s camiñantes:
O ruta de Sistelo á Peneda queda aprazada a cando faga mellor tempo, en primavera. Pois fomos a directiva do clube e facela con este frío a 1350 m. de altura nos pareceu moi dura.
Recordamos a nosa próxima cita: a nosa camiñada solidaria.
Todos os que percorremos o monte nestas datas, temos que pensar hai moitas familias que o pasan mal.
Por iso, para ser solidarios, o día 18/12/2016 con saída ás 10:00 da Porta do Sol Nacente en Valença, dirección Tui e voltando ó mesmo sitio. 8 km. de paseo.
Percorreremos as dúas cidades e os lugares máis emblemáticos.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscricións pechadas.
Hoxe por eles e ogallá que nunca sexa por nós.