Querid@s camiñantes:
O próximo día 5 de novembro faremos a ruta da Castaña en Parada de Sil.
Saíremos do Centro Interfederado ás 8 da mañán cara os Canóns do Sil, para percorrer unha distancia de 14 km.
Recomendamos levar botas, bastóns, mochila con bebida e un bocadillo (teremos posibilidade de mercalo no bar da saída)
Nesta rota, levaremos os nosos coches, repartidos para levar o mínimo posible deles.
Se queredes ver a grandeza dos Canóns do Sil, mosteiros, grandes fragas de castiñeiros cun sinfín de miradores, apúntate a esta rota.
Sairemos puntuais. Por respeto, Non esperamos por ninguén.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscricións aquí.
Tamén temos pensado facer unha rota dende Cristelo á Peneda polo Xures, sendo de dificultade alta; pero queriamos saber quén estaría disposta a facela, pois teriamos que alugar un autobús que nos deixara en Cristela e nos recollese na Peneda.
Esto sería o día 19 ou 26 de novembro. Tamén teriamos que levar bocadillo para comer.