O sábado 20 de outubro realizaremos a travesía desde a Peneda ata Sistelo. Sairemos desde o santuario da Peneda para finalizar en Sistelo, todo dentro do Parque Nacional Peneda – Gerês en Portugal.
Sistelo, freguesía de Arcos de Valdevez, foi elixida en setembro de 2017 como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e en decembro o Goberno de Portugal aprobou un decreto que clasifica os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural.
A travesía consta duns 22 quilómetros onde estimamos un tempo de 7 horas en realizala, o seu grado de dificultade é alto polo que rogamos absterse de inscribirse a persoas pouco acostumadas a camiñar por montaña, xa que é unha travesía dura.
Esta travesía, aínda sendo dura, ten unha beleza espectacular. Partiremos desde o santuario da Peneda, na freguesía de Gavieira, para ascender ata a lagoa da Chã do Monte, logo seguiremos ata são Bento do Cando,
branda das Bosgalinhas, branda do Real, branda do Furado, e xa case no final atoparémonos con dúas poboacións, Porta Cova e Padrão, que é moi dificil describir con palabras a súa beleza paisaxística. Finalmente descenderemos ata a antiga aldea medieval de Sistelo.
Acompañamos esta información con distintos vídeos: santuario da Peneda, lagoa da Chã do Monte, são Bento do Cando e branda das Bosgalinhas, Sistelo (vídeo 1, vídeo 2 e vídeo 3)
Datos de interés:
- Sairemos desde a entrada do Parador de Tui ás 07:30 horas e regresaremos sobre ás 19:00 horas.
- Cada participante terá que levar comida e bebida, xa que xantaremos en plena ruta.
- A viaxe farémola en bus, que nos deixará no santuario da Peneda para recollernos despois en Sistelo.
- É preciso facer inscrición, finalizando o mércores 17 de outubro ás 12 da noite.
- Prezo: 10€ Inscrición finalizada, PRAZAS ESGOTADAS
MOI IMPORTANTE: o número de prazas dispoñibles é de 40, polo que no momento que ocupemos tódalas prazas cerraremos a inscrición.
Non inscribiremos a ninguén si non recibimos no noso email, clubandatui@gmail.com, o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.
Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).
INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS