Andaina Serra do Galiñeiro

Benquerid@s camiñantes:

O próximo día 3 de outubro, saíndo ás 8:00 do Centro Interfederado e as 8:30 do alto do monte Aloia(na entrada da capela), organizamos a ruta do Monte Aloia ó Galiñeiro.

Un paseo de 18 quilómetros de dificultade media, onde veremos a parte Noroeste do parque natural do monte Aloia.

Saída ás 8:30 e contamos con voltar ás 13:00 ó punto de saída.

Participa con nós e fai o que máis recomendan os médicos, camiñar.
pasa unha mañán diferente ó mesmo tempo que fas deporte e coñeces o noso entorno e a beleza dos noso montes.

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!

Inscrición pechada.

Camiñada Montes Pazos de Reis e Rebordáns

Benquerid@s camiñantes:
O próximo día 13 de setembro saíndo ás 8:00 do Centro Interfederado e as 8:30 da Macoca, organizamos unha camiñada polos montes de Pazos de Reis e Rebordáns.
Percorreremos os muíños de Paredes, ponte das Febres, ribeira de Guillarei, Virxe do Camiño e voltaremos á Macoca.
Un total de 12 km. aproximadamente.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscrición pechada.

Paseo Histórico pola cidade de Tui

tui

Benquerid@s camiñantes:

O día 22 de agosto a partir das 21:30, organizamos o Paseo Histórico pola cidade de Tui guiados polo historiador Jose Ramón Fernández co acompañamento musical do Grupo Arume de Malvas.
Ven a coñecer a historia de Tui, a escoitar o noso folclore e pasar unha noite de sábado diferente.
Non fará falta inscripción. Só teredes que estar na Corredoira ás 21:30 diante do Palco da Música.
Vémonos no camiño.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies