XI Camiñada Solidaria 2024

«Case tódalas cousas boas nacen dunha actitude de aprecio polos demais»

Dalai Lama

domingo 15 de decembro realizaremos a XI Camiñada Solidaria 2024 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

Este ano a Camiñada Solidaria realizarémola dando un paseo polas centricas rúas de Tui así como pola ribeira do río Miño.

Sairemos, ás 10 da mañá, desde a praza da Inmaculada

Esta Camiñada de percorrido fácil, duns 8 quilómetros, terá unha duración aproximada de tres horas.

IMPORTANTE, para participar solo teis que inscribirte no formulario de inscricións e aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros. Alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono:  607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies