Un ano máis comezamos coas andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2019. Inauguramos a tempada co trilho Sabores da Lampreia, será o sábado 16 de marzo na freguesia de são Pedro da Torre, en Valença do Minho.
Este trilho ten unha lonxitude duns 7 quilómetros e unha duración aproximada de 2 horas e 30 minutos, sendo a súa dificultade baixa. É unha ruta de ámbito paisaxístico – cultural onde gozararemos dunhas fermosas vistas.
O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:
ATENCIÓN, cambiamos de banco. (A sucursal do banco Sabadell en Tui está fronte ó hotel Colón)
Banco Sabadell: ES85 0081 2276 4700 0113 6717
O punto de saída será desde a igrexa de são Pedro da Torre, ás 09:00 horas portuguesas.
Na finalización deste trilho realizaremos un sorteo dunha comida ou cea para dúas persoas, ademáis doutros agasallos.
Por último, si teis algunha dúbida podes chamar ós teléfonos 00351 916 531 313 (PT), 607 785 601 (ES) ou escribir o seguinte enderezo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com
INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS