Trilho da Veiga da Mira, andaina por Malvas – Pexegueiro e trilho das Pedras Escritas

Xa temos abertas as inscricións para os tres últimos eventos da Eurocidade Tui – Valença 2022: o trilho da Veiga da Mira, a andaina por Malvas – Pexegueiro e o trilho das Pedras Escritas.

  • O domingo 9 de outubro levaremos a cabo o trilho da Veiga da Mira.

Este trilho, duns 8 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese paisaxístico xa que a ruta discorre nunha meirande parte ao carón do río Miño.

Sairemos desde o parque da Sra. da Cabeça ás 09:00h portuguesas.

  • O sábado 5 de novembro realizaremos a andaina por Malvas e Pexegueiro.

Esta andaina consta duns 9,5 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade baixo. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter paisaxística – cultural dado que pasaremos polo alto de san Nomedio, antigo camiño real, mosteiro benedictino de Pexegueiro, río Furnia e a súa ponte medieval de dous arcos.

Sairemos desde a igrexa de Malvas ás 10:00h galegas.

  • O domingo 4 de decembro faremos o trilho das Pedras Escritas.

Este trilho ten aproximadamente unha lonxitude duns 9 quilómetros, de dificultade baixa, tendo unha duración de tres horas. Evento considerado de carácter paisaxísitico e cultural onde visitaremos os gravados rupestres do lugar de Ozão.

Sairemos desde a igrexa matriz de Taião ás 09:00h portuguesas.

IMPORTANTE: cada andaina/trilho estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies