Sendeiro PR-G 132. Os montes de San Cibrán.

Benquerid@s camiñantes:

O domingo día 16 faremos parte do sendeiro PR-G 132 dos montes de San Cibrán e do monte Faro, sobre unha distancia de 12 km.

Sairemos do Interfederado ás 8:30 para comezar ás 9:00. Os que non queirades vir ata Tui, ás 8:50 no Alto do Confurco (vindo de Vigo ou Tui, na saída N-120 de Cans).

Ó comezo veremos os muíños do Regato do Couso coas súas fervenzas e o desnivel é salvado por escadas e pasarelas. Despois iremos cara o monte de San Cibrán onde as vistas de Ponteareas e os montes do arredor son espectaculares. Continuaremos cara o Monte Faro, para seguir con vistas do Val do Louriña. Pasaremos pola pedra do Pianista para voltar ó punto de saída.

A ruta é doada, pero en vista dos desniveis, a nosa opinión é de moderada-alta.

Os nosos cálculos son de rematar antes das 13:00, pasando unha mañán percorrendo os límites de 3 concellos (Porriño, Ponteareas e Salceda).

Para participar, apúntate aquí.

Percorrido

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies