Andaina de san Telmo

Comezamos coas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2023. Inauguramos esta tempada coa Andaina de san Telmo, realizarémola o domingo 16 de abril en Tui.

Esta andaina conta cunha distancia duns 8 quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas e media, cun grado de dificultade baixo e sendo de interese cultural e paisaxístico. Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a praza da Inmaculada para recorrer distintas rúas da zona monumental de Tui, finalizando na praza da Inmaculada onde desfrutaremos duns soborosos petiscos.

O prezo é de 6 euros por persoa, polo que debes facer un ingreso ou transferencia facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse será o xoves 13 de abril

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ruta dos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras

O sábado 11 de febreiro o club Andatui realizará unha ruta guiada polos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras, no Concello de Mos.

En colaboración coa Comunidade de Montes e a Asociación de veciños A Nosa Terra de Pereiras faremos esta fermosa ruta, guiada por Daniel Lago, onde poderemos desfrutar de moitísimos muiños; entre outros, o muiño do Rial, o do Capellán, ou o de Grilares, un dos muiños de cubo máis alto da ruta. Auténticas obras de enxeñaría con máis de trescentos anos de historía.

A ruta é circular e ten uns 9 quilómetros aproximadamente de lonxitude, cun grado de dificultade baixo.

Comezaremos a ruta ás 09:00 horas, estimando a súa finalización sobre as 13:00 horas aproximadamente.

Esta ruta será gratuita, xa que nos desplazaremos en coches particulares, tendo dúas opcións para elixir:

Se clicades no seguinte enlace poderedes ver fotos dos Muiños da Salgueira e do Monte de Pereiras

Rogamos puntualidade. En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

Moi importante, por temas de intendencia é necesario inscribirse no seguinte formulario

 

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

IX Camiñada solidaria 2022

«A solidaridade non é un acto de caridade, senón unha axuda mutua entre forzas que loitan polo mesmo obxectivo”

 Samora Machel

O domingo 18 de decembro realizaremos a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

 

Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense. Ámbolos dous falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.

A visita comezarémola na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 horas.

Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla ciclópea visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.

IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

 

A continuación podedes descargar o seguinte artigo de Mario Fernández Pereiro, doutor en Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, titulado «O recinto fortificado do monte Aloia. Un xigante altomedieval esquecido»

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies