IX Camiñada Solidaria 2022

«A solidaridade non é un acto de caridade, senón unha axuda mutua entre forzas que loitan polo mesmo obxectivo”

 Samora Machel

O domingo 18 de decembro realizaremos a IX Camiñada Solidaria 2022 en favor de SOS Tomiño Baixo Miño.

 

Este ano a Camiñada Solidaria levarémola a cabo no monte Aloia, percorrendo a muralla ciclópea. A visita será guiada e comentada polo historiador tudense Rafael Sánchez Bargiela e o arqueólogo Juanjo Perles, tamén tudense. Ámbolos dous falarannos dos datos históricos que se teñen ata o momento da muralla ciclópea, o maior asentamento fortificado de Galicia.

A visita comezarémola na capela de san Xiao, no monte Aloia, ás 10:00 horas.

Esta ruta/visita, de algo máis de tres quilómetros e unha duración aproximada de dúas horas, percorrerémola ao carón dos restos da antiga muralla ciclópea visitando tamén os miradoiros do Celta, o do Castelo, o do enxeñeiro Areses e o da Oliva, todos eles cunhas vistas panorámicas espectaculares.

IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

 

A continuación podedes descargar o seguinte artigo de Mario Fernández Pereiro, doutor en Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, titulado «O recinto fortificado do monte Aloia. Un xigante altomedieval esquecido»

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies