De fortaleza en fortaleza

O sábado 26 de marzo o club Andatui realizará unha actividade de ocio onde mesturaremos sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.

Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño. 

Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza de Valença onde un guía nos falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, camiñaremos ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía nos explicará a súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde xantaremos. Pola tarde faremos a visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño , rematada esta visita seguiremos camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibiremos explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita colleremos os buses que nos levarán ata o punto de partida en Valença.

Nos seguintes enlaces podedes obter máis información turística das catro cidades: Turismo Valença, Turismo Tui, Turismo Salvaterra de Miño e Turismo Monçao.

(Si clicades nas palabras en cor verde podedes ver vídeos e información diversa)

 

Datos a ter en conta:

  • Sairemos ás 08: 00 horas (07:00 horas portuguesas) desde a Porta do Sol de Valença, onde se poden aparcar facilmente os coches. Pola tarde, ás 16:00 horas (15:00 horas portuguesas), sairemos desde a entrada principal do parque de A Canuda para ir visitar as fortalezas de Salvaterra do Miño e Monçao.
  • Os buses sairán do parque das Caldas de Monçao ás 18:00 horas galegas.
  • Prezo: 6 euros, onde está incluido o seguro, o xantar (empanada, froita e bebida) e o transporte en buses desde Monçao ao punto de partida en Valença.
  • Ingresar os 6 euros no Banco Sabadell, con IBAN:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  (Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte:  BSABESBB). Facendo constar os nomes e apelidos dos participantes.
  • É preciso facer inscrición, máximo 150 prazas.
  • As inscricións rematarán o martes 22 de marzo ás 23:00 horas galegas.

MOI IMPORTANTE

Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: +34 607 785 601 (Tato).

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies