Camiñada Montes Pazos de Reis e Rebordáns

Benquerid@s camiñantes:
O próximo día 13 de setembro saíndo ás 8:00 do Centro Interfederado e as 8:30 da Macoca, organizamos unha camiñada polos montes de Pazos de Reis e Rebordáns.
Percorreremos os muíños de Paredes, ponte das Febres, ribeira de Guillarei, Virxe do Camiño e voltaremos á Macoca.
Un total de 12 km. aproximadamente.
¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!
Inscrición pechada.

Paseo Histórico pola cidade de Tui

tui

Benquerid@s camiñantes:

O día 22 de agosto a partir das 21:30, organizamos o Paseo Histórico pola cidade de Tui guiados polo historiador Jose Ramón Fernández co acompañamento musical do Grupo Arume de Malvas.
Ven a coñecer a historia de Tui, a escoitar o noso folclore e pasar unha noite de sábado diferente.
Non fará falta inscripción. Só teredes que estar na Corredoira ás 21:30 diante do Palco da Música.
Vémonos no camiño.

IV Subida Monte Aloia Romaría das Angustias

iv_subida_monte_aloia_2015DIA: 4 xullo 2015

Hora saída: 19:30

 

Saída dende o Paseo da Corredoira de Tui e chegada o alto do Monte Aloia con cea e festa rachada no adro da capela de San Xiao.

 

 

 

 

 

 

A recollida de acreditacións será no Paseo da Corredoira en Tui a partir das 19:00.

Prezo: 6 € por persoa.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

Data límite: 2 de Xullo

 

Inscríbete » click aquí «

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies