Andaina dos muiños do río Tripes e trilho do monte Carvalho

 

Abrimos as inscricións para os seguintes eventos da Eurocidade Tui – Valença 2024:  andaina dos muiños do río Tripes trilho do monte Carvalho.

  • O domingo 6 de outubro realizaremos a andaina dos muiños do río Tripes.

Esta andaina, duns 10 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas tres horas, cun grado de difilcultade baixo. Trátase dunha andaina cun marcado interese histórico/paisaxístico.

Saíremos desde a Macoca ás 10:00h galegas.

  • O domingo 24 de novembro realizaremos o trilho do monte Carvalho.

Este trilho consta duns 10 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas aproximadamente, sendo o seu grado de dificultade medio. Este trilho enmarcámolo coma unha actividade de carácter paisaxístico.

Saíremos desde a igreja Matriz de São Julião ás 09:00h portuguesas.

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

FORMULARIO de INSCRICIÓNS 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies