Benquerid@s camiñantes:

O día 22 de Xullo con saída ás 18:30 do aparcamento do Lidl de Valença, teremos o Trilho de Sanfins.

Máis info : aquí.

 

O día 05 de Agosto, con saída ás 22:00 do palco de Música de Tui, teremos a Ruta histórica de Tui onde da man o Historiador Ramón, percorreremos as seguintes igrexas: San Telmo, Misericordia, catedral de Santa María, San Francisco, San Bartolomé e Santo Domingo.

Remataremos na alameda de Santo Domingo onde termos foliada cun grupo folclórico, chocolatada con rosca para os pequenos e unha Gran Queimada co maestro Gabi.

Un sábado pola noite para coñecer a Historia de Tui.

 

Prezo da andaina : 5€ Menores de 12 anos : 3€

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor “Grupo Banco Popular” na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Podedes inscribiros aquí —> Inscrición

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies