VII Camiñada solidaria 2018

«Nadie que haya aliviado el peso de sus semejantes habrá fracasado en este mundo»

Charles Dickens

O domingo 23 de decembro realizaremos a VII Camiñada solidaria 2018. Sairemos desde o palco da música, na Corredoira de Tui, ás 10:00 horas para recorrer as rúas de Tui e achegarnos ata a veciña Valença do Minho para retornar de novo a Tui.

A Camiñada solidaria, de 7/8 quilómetros de distancia, é de caracter moderado e apta para tódalas persoas. Ruta en Wikiloc

IMPORTANTE, para participar só é preciso aparecer no lugar e hora indicada cun quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, alimentos que doaremos a SOS Tomiño Baixo Miño.

               ESPERÁMOSTE!!

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies