Andaina Solidaria co Pobo Saharauí

O club Andatui, en colaboración coa Asociación galega do pobo saharauí, organiza unha andaina solidaria o sábado 4 de novembro.

A andaina consistirá nun paseo por Tui na que contaremos coa presenza do historiador tudense Suso Vila, que nos acompañará e falará de distintos aspectos relacionados coa historia da nosa cidade. Esta andaina solidaria ten como finalidade a recadación de fondos para a axuda ao pobo saharauí.

Datos a ter en conta:

  • Sairemos desde a praza da Inmaculada ás 10:00 h.
  • Percorreremos unha distancia aproximada de 7 quilómetros.
  • O prezo será de 10 euros, facendo un ingreso no Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  ou pagando na saída o mesmo día.

 INSCRICIÓNS  FINALIZADAS

Trilho do Portal do Crasto, andaina da Macoca a san Fins e trilho de são Gabriel

Xa temos abertas as inscricións para os tres últimos eventos da Eurocidade Tui – Valença 2023: o trilho do Portal do Crasto, a andaina desde a Macoca a san Fins e o trilho de são Gabriel.

  • O domingo 24 de setembro levaremos a cabo o trilho do Portal do Crasto.

Este trilho, duns 9 quilómetros aproximados, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dun trilho cun marcado interese artístico – cultural onde visitaremos o portal barroco da Quinta do Crasto, único elemento que queda da antiga finca pertencente a familia Pimenta de Castro.

Saímos desde o portal do Crasto ás 09:00h (PT).  Este trilho será GRATUITO.

  • O domingo 8 de outubro realizaremos a andaina desde a Macoca a capela de san Fins.

Esta andaina consta duns 10 quilómetros e consideramos unha duración de tres horas e media, sendo o seu grado de dificultade medio. Esta andaina enmarcámola coma unha actividade de carácter paisaxística e cultural.

Saímos desde a Macoca ás 10:00h (ES).

  • O domingo 26 de novembro faremos o trilho de são Gabriel.

Este trilho ten aproximadamente unha lonxitude duns 9 quilómetros, de dificultade baixa, tendo unha duración de tres horas. Evento tamén considerado de carácter paisaxísitico e cultural.

Saímos desde a igrexa de são Gabriel ás 09:00h (PT).

IMPORTANTE:  o prazo límite para inscribirse en cada evento será o xoves anterior a súa realización.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa (salvo o trilho do Portal do Crasto que será gratuito), polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

   INSCRICIÖNS FINALIZADAS

De fortaleza en fortaleza

O sábado 23 de setembro o club Andatui realizará a segunda edición De Fortaleza en Fortaleza, onde mesturaremos sendeirismo e historia, visitando cinco fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.

Nesta ruta, duns 23 quilómetros, visitaremos cinco fortificacións de catro concellos (Tui, Valença, Vila Nova de Cerveira e Tomiño) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño. 

As visitas ás cinco fortalezas, duns vinte minutos cada unha, serán guiadas polo historiador Suso Vila, un dos maiores coñecedores da arquitectura defensiva a ámbolos lados do último tramo do río Miño.

Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a praza da Inmaculada de Tui para visitar parte da muralla tudense. A continuación, camiñaremos ata a fortificación de Valença onde nos falarán da súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre pola ecopista que vai ao carón do río Miño ata a Área recreativa da Lenta, de Vila Nova de Cerveira, onde xantaremos. Pola tarde faremos as visitas guiadas ao forte de san Francisco de Lovelhe, ao castelo de Vila Nova de Cerveira e remataremos no forte de san Lourenzo de Goián

Nos seguintes enlaces podedes obter máis información turística das catro poboacións: Turismo Tui, Turismo ValençaTurismo Vila Nova de Cerveira e Turismo Tomiño.

(Si clicades nas palabras en cor verde podedes ver vídeos e información diversa)

Datos a ter en conta:

  • Sairemos ás 08: 30 horas desde a praza da Inmaculada de Tui. Pola tarde, ás 15:30 horas, sairemos desde a Área recreativa da Lenta para ir visitar o forte de San Francisco de Lovelhe, o castelo de Vila Nova de Cerveira e o forte de san Lourenzo de Goián.
  • O regreso ata Tui realizarémolo en buses, que sairán do estacionamento público que está ao caron do forte de Goián sobre as 19:00 horas.
  • Cada participante terá que levar comida e bebida. Xantaremos na Área recreativa da Lenta.
  • Prezo: 8 euros. Teremos avituallamento intermedio de auga e fruta.
  • Ingresar os 8 euros no Banco Sabadell, con IBAN:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717  (Para transferencias internacionais o código SWIFT ou BIC é o seguinte:  BSABESBB). Facendo constar os nomes e apelidos dos participantes.
  • O prazo límite para inscribirse será o martes 19 de setembro ás 23:00 horas ou cando se esgoten as prazas. Máximo 150 prazas. 

MOI IMPORTANTE

Non inscribiremos a ninguén se non recibimos no noso email clubandatui@gmail.com o xustificante de pago xunto co nome e apelidos do participante ou participantes.

En caso dalgunha dúbida podedes chamar ao seguinte número de teléfono: +34 607 785 601 (Tato).

INSCRICIÓN FINALIZADA. PRAZAS ESGOTADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies