Balcóns do Aloia e Ínsua do Crasto

Abrimos as inscricións para dúas andainas/trilhos da Eurocidade Tui – Valença 2022, a andaina Balcóns do Aloia e o trilho Ínsua do Crasto.

  • O domingo 5 de xuño realizaremos a andaina Balcóns do Aloia.

Esta andaina, duns 8 quilómetros de percorrido, terá unha duración dunhas dúas horas e media e un grado de difilcultade baixo. Trátase dunha andaina  cun marcado interese paisaxístico xa que pasaremos por varios miradores do Aloia desde os que poderemos contemplar tres vales: o val Miñor, o val do Miño e o val do Louro.

Sairemos ás 10:00 horas galegas desde a capela de san Xiao, no monte Aloia.

  • O domingo 3 de xullo levaremos a cabo o trilho Ínsua do Crasto.

Este trilho de aproximadamente 8 quilómetros, de dificultade baixa e dunhas dúas horas e media de duración, é de carácter paisaxístico – cultural. 

Sairemos desde a igrexa matriz de Friestas ás 09:00 horas portuguesas.

IMPORTANTE: cada andaina/trilho estará limitada a 50 participantes, sendo o prazo límite para inscribirse o xoves anterior a súa realización ou cando se esgoten as prazas.

O prezo para poder participar é de 6 euros por persoa, polo que debes facer unha transferencia ou ingreso, facendo constar nome e apelidos do participante ou participantes, na seguinte conta bancaria:

Banco Sabadell:  ES85 0081 2276 4700 0113 6717

POR FAVOR, enviarnos o xustificante de pago ao noso correo  clubandatui@gmail.com

En caso dalgunha dúbida podes chamar ao seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato)

 INSCRICIÓNS FINALIZADAS

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies