Información da  XV Andainatudense Solidaria 2018

 

Será o sábado 12 de maio cando, desde o centro Interfederado, recorramos parte do camiño portugués ata cerca da ponte romana de san Bartolomé, onde enlazaremos coa senda do Lagartón, senda que cruza un frondoso bosque de amieiros. De seguido, atoparémonos coa senda da Pedra Santa que nos levará ata a ponte das Febres, nas ribeiras do río Louro. Cruzaremos a ponte e seguiremos camiño duns dos lugares máis fermosos do Aloia, os muiños de Paredes do regato Deique, senda que nos levará ata a cima do monte Aloia. Logo de xantar baixaremos polo cámping ata chegar as pozas da Cabaciña, seguindo despois polo alto do Perdurán, rego de pedra, muiños do río Tripes … ata chegar de novo o centro Interfederado.

 

Datos de interés ♦

⋅ Recollida de dorsais: entre as 09:00 e as 10:00 horas no centro Interfederado. Tamén o podes recoller o día anterior de 20:00 a 22:00 horas.

!IMPORTANTE¡   Como este ano a acción solidaria irá destinada a  SOS Tomiño Baixo Miño, na recollida do dorsal deberás entregar 1 quilo dun alimento non perecedoiro.

⋅ Xantar: sobre as 14:00 horas o redor da capela de san Xiao.

⋅ Remate da andaina: aproximadamente sobre ás 18:00 horas.

En total recorreremos sobre 26 quilómetros, tendo avituallamentos nos puntos quilométricos 5, 8 ,12 e 21. E como sempre, o acabar, terás duchas e masaxes a túa disposición, así como chourizada, xogos, agasallos, etc.

A Andainatudense ten un prezo de 10 € ata o día 27 de abril, despois o prezo será de 12 €. As inscricións finalizarán o martes 8 de maio ás 24:00 horas.

 

POR FAVOR, é moi importante que sigas os nosos consellos para inscribirte correctamente e así facilitarnos o traballo administrativo que este evento require:

1º – Aboar no banco, ou por transferencia, o importe da Andainatudense facendo constar o nome e apelidos do participante ou participantes.

Conta do Banco Popular:  IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

2º – Enviarnos o noso email clubandatui@gmail.com o recibo de pago, especificando o nome e apelidos do participante ou participantes.

3º – Facer a inscrición no formulario.

 

Si sigues estes tres pasos correctamente, en cuestión de horas, atoparás o teu dorsal xunto co nome e apelidos no listado de participantes.

Non inscribiremos a nadie si non recibimos o xustificante de pago xunto  co nome e apelidos do participante ou participantes.

Por último, en caso dalgunha dúbida podes chamar o seguinte número de teléfono: 607 785 601 (Tato).

 

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies