XII Andaina Solidaria Tudense «In Memoriam» Jose Urceira «Pepiño»

Volve a nosa gran andaina!!

 

O vindeiro 16 de maio ás 10:00 sairemos do Centro Interfederado ó carón do «Pai Miño», o río máis caudaloso da terra dos 1.000 ríos.

Seguiremos polas parroquias de Randufe, Areas, Pexegueiro e pasando por Malvas ás 12:00, e polo sendeiro do río Furnia, un dos ríos máis limpos de Galicia. Dende alí, subiremos ó cumio do Primeiro Parque Natural de Galicia, o Monte Aloia.

Xantaremos ás 14:00 na capela de San Xiao para despois baixar por Pazos de Reis, Rebordáns ás 16:00 e pasar polo Casco Histórico de Tui, o segundo en tamaño de Galicia.

Remataremos ás 18:00 no Centro Interfederado, onde teremos música, xogos tradicionais, chourizada e sorteo de agasallos.

Indicarvos que os puntos de control marcados antes, son obrigatorios. Non se montarán ata a hora indicada e se chegamos antes, teremos que esperar.

O prezo da inscrición é de 13 euros. Por cada inscrición serán doados 2€ ó colexio San Xerome Emiliani.

-FILA O: Se alguén quere facer doazóns a maiores para o colexio, pode facelos nesta mesma conta poñendo en concepto FILA 0.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor «Grupo Banco Popular» na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

DATA LÍMITE : 10 DE MAIO ÁS 24:00

 

Inscríbete aquí antes do 10 de maio de 2015

 

 

-Nº MÁXIMO DE PRAZAS: 500 
-HORARIO: Recollida de dorsais e agasallo, das 08.30h ás 09.30h (Prégase puntualidade)
-PERCORRIDO TOTAL : 25 qm.

14 qm. dende o río Miño ata o Monte Aloia.
11 qm. dende o Monte Aloia ata o Centro Interfederado de Tui.
Lembra que podes unirte a nós en calquera punto do percorrido: sempre que o comuniques no control de saída .

¡Ti decides onde comeza e remata a túa Andaina! Previo aviso nun control.
-SAÍDA e CHEGADA: Centro Interfederado, ó lado do Parador de Turismo e do río Miño. A andaina será circular polo que inicia e remata no mesmo punto.
* COMO SE CHEGA E ONDE SE APARCA (clic aquí).

-AVITUALLAMENTOS: Estarán situados nos seguintes puntos quilométricos:

· Quilómetro   5: líquido

· Quilómetro   8: líquido e froita

· Quilómetro 12: líquido

· Quilómetro 21: líquido

 

-DUCHAS e MASAXES: Para todos aqueles que desexen refrescarse ou relaxarse, estarán dispoñibles unhas duchas situadas no Centro Interfederado. Ó remate da Andaina contaremos con expertos masaxistas.
ACTIVIDADE DE CLAUSURA:

· Carreira de aros, para os cativos e non tan cativos.

· Sorteo de agasallos entre tódol@s participantes que pasen os controis.

· “Chourizada”: Para recuperar forzas os participantes poderán saborear uns deliciosos chourizos.

 

 

* Tódol@s participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. O club organizador non ten responsabilidade noutros danos que poidan causar ou sufrir os participantes fora do obxecto da póliza contratada.
* Aconsellamos levar roupa cómoda e calzado axeitado. Recordade que podedes levar bastóns ou calquera outro elemento que vos faga máis doada e confortable a experiencia.
* Na saída teredes unha furgoneta á vosa disposición onde podedes transportar as vosas cousas.
* Tódol@s menores de 14 anos inscritos deben ir acompañados dunha persoa adulta que será a responsable dos mesmos durante a camiñada.
* Os participantes da Andainatudense somos xente respectuosa co noso entorno e amantes da natureza, por iso coidaremos que a nosa actividade non produza ningún impacto negativo nos escenarios que visitamos. Axúdanos a conseguilo:

· Non tires lixo o chan, gárdao na mochila e deposítao nos puntos de recollida pertinentes.

· Coida o teu ton de voz e non berres: goza dos sons que te rodean.

· Non arrinques plantas, pólas ou arbustos que atopes no camiño, deixa que sigan medrando e enriquecendo a paisaxe.

 

 

IV Concurso Fotográfico

Expresa ata en máximo 3 fotos as túas sensacións vividas na andaina.

Haberá premios para as tres mellores:

1º Trofeo e fin de semana nunha casa rural para dúas perosas.

2º e 3º Cea ou comida para dúas persoas.

Poderedes participar enviando un email coas fotos adxuntas ó enderezo clubandatui@gmail.com ata o 31 de maio.

Ola! Moitas grazas por visitarnos. Avisámosche que usamos cookies para mellorar a navegación, polo que entendemos que se continuas é porque estás de acordo. A continuación podes consultar a nosa política de cookiesACEPTAR

Aviso de cookies